

| 10/03/2010 O CADETE A E INFANTIL A, A UNHA VITORIA DE SER CAMPIONS DE LIGA E DE GALICIA |
![]() O Azkar Lugo xuvenil A empatou a catro tantos co Lobelle cun empate in extremis dos santiagueses que rabuñaron ese punto final a menos de dez segundos para o final do partido. O Azkar comezou mandando no luminoso e no xogo, pero ao descanso os composteláns déronlle a volta ao marcador e tra-la continuación no segundo período, ampliábana ao 1-3. Aí comezou a arriscar o Azkar que con porteiro-xogador igualou o partido e ata cando se entraba no último minuto, Antonio daba o 4-3 para os lucenses. Cando todo parecía sentenciado, Gonzalo para os visitantes deixaba o partido en táboas e coa repartición de puntos. Ficha técnica: Azkar Lugo 4: Jesús, Iago Pérez, Iago Rodríguez, Keita e Pablo, -cinco inicial-, Álvaro, Antonio, Diego e Fran. Lobelle de Santiago 4: Marcos, Francisco, Gonzalo, Rubén e Pablo, -cinco inicial-, David, Alejandro, Simón, Fidel e Sergio. Árbitros: Jesús Trebolle e Eduardo Corral (Lugo). Incidencias: partido da 8ª xornada da segunda fase da liga nacional xuvenil. Palacio Municipal dos Deportes de Lugo. Goles: 1-0 min. 2 Keita, 1-1 min. 11 Rubén, 1-2 min. 15 Francisco, 1-3 min. 26 Pablo, 2-3 min. 26 Antonio, 3-3 min. 31 Pablo, 4-3 min. 40 Antonio e 4-4 min. 40 Gonzalo. Resultados da xornada e clasificación O Azkar Lugo xuvenil A xoga esta noite ás 21:00 horas no Pavillón Municipal de Viveiro ante o Porto Celeiro Viveiro mentres que o domingo farao no Pavillón de Vista Alegre ante o Burela FS a partir das 12:30 horas. O cadete A, a unha vitoria de ser campión O Azkar Lugo cadete A podería proclamarse campión de liga matematicamente a próxima xornada tra-la súa vitoria cómoda da pasada fin de semana ante o Materiales Atlántico O Parrulo por 13 goles a 2. Un gran inicio de partido dos locais puxo moi ao seu favor o partido, chegándose ao descanso cun claro 9-0. Na segunda metade os visitantes amosáronse máis atrevidos pero a superioridade do Azkar xa deixara sentenciado o choque. Ficha técnica: Azkar Lugo 13: Areñas, Pablo, Óscar, Alex e Adrián, -cinco inicial-, Javi, Cospe, Eric, JC, Costoya, Fuentes e Tucho. Materiales Atlántico O Parrulo 2: Ángel, Andrés, Naveira, Yeray e Christian, -cinco inicial-, Alberto, Eloy, Miguel Ángel e Adrián. Árbitro: David Castro (Lugo). Incidencias: partido da 15ª xornada da liga autonómica cadete. Centro Deportivo Terra. Goles: 1-0 min. 2 Óscar, 2-0 min. 5 Óscar, 3-0 min. 9 Alex, 4-0 min. 11 JC, 5-0 min. 12 JC, 6-0 min. 13 JC, 7-0 min. 15 Javi, 8-0 min. 18 Alex, 9-0 min. 19 Fuentes, 10-0 min. 31 Javi, 10-1 min. 35 Christian, 11-1 min. 37 Adrián, 12-1 min. 44 Javi, 13-1 min. 46 Javi e 13-2 min. 49 Alberto (dobre penalti). Resultados da xornada e clasificación O Azkar Lugo cadete A descansa esta fin de semana. O infantil A, mesma situación que o cadete Idéntica situación que vive o cadete, vívea o infantil A, o equipo de autonómica. Os lucenses poderían proclamarse campións de liga, e polo tanto de Galicia, na próxima xornada. No último partido dos de Alexandre Rodríguez, o Azkar venceu contundentemente por 9 goles a 0 ao O Parrulo. A posesión e o manexo do partido dende o inicio foron clave para conseguir unha vitoria clara. Ficha técnica: Azkar Lugo 9: Alexandre, Asier, Josiño, Santi e Álvaro, -cinco inicial-, Losada, Ander, Carlos, Jacobo, Balsa e Jose. O Parrulo 0: Alexandre, Pedro, Ignacio, Javier e Carlos, -cinco inicial-, Cristobal, Jorge, Alberto, Antón, Francisco Javier e Calixto. Árbitro: José Manuel Varela (Lugo). Incidencias: partido da 15ª xornada da liga autonómica infantil. Centro Deportivo Terra. Goles: 1-0 min. 3 Álvaro, 2-0 min. 10 Josiño, 3-0 min. 11 Álvaro, 4-0 min. 12 Santi, 5-0 min. 18 Josiño, 6-0 min. 22 Carlos, 7-0 min. 34 Carlos, 8-0 min. 35 Carlos e 9-0 min. 39 Carlos. Resultados da xornada e clasificación O Azkar Lugo infantil A descansa esta fin de semana. Resto de partidos Venres 12: Polideportivo O Palomar: 21:00 horas: Azkar Lugo infantil B – Salesianos Sábado 13: Centro Deportivo Terra: 09:00 horas: Azkar Prone prebenxamín – Maristas 2002 12:00 horas: Azkar Fundación prebenxamín – Lugo 2003 16:30 horas: Azkar Lugo xuvenil B – Lobelle de Santiago Palacio Municipal dos Deportes de Lugo: 11:00 horas: Azkar Fundación benxamín – Azkar Prone benxamín Polideportivo O Palomar: 12:00 horas: Azkar Fundación alevín – A Ponte “A” Polideportivo Menéndez Pelayo: 12:00 horas: Azkar Prone alevín – Lumieira 13:00 horas: Azkar Terra benxamín – Lumieira Atlético Polideportivo A Piringalla: 18:00 horas: Azkar Lugo cadete B – Baralla FS Jacobo Gómez Xefe de Prensa do Azkar Lugo FS |
![]() |
|


