direccion
Colaboran:
Novas
08/03/2010
MIGUEL ACUDIU AO CEIP AS MERCEDES PARA DAR A SUA VISION SOBRE A VIDA SAUDABLE





Esta mañá no CEIP As Mercedes da capital lucense a Fundación FEDYS e o Azkar Lugo FS realizaron a primeira das catro charlas programadas a preto de deporte e saúde nos colexios lucenses. Esta actividade que desenvolve a Fundación Educación, Deporte y Saleu que se denomina “Somos activos” e que conta co patrocinio de Larsa trata de mandar unha mensaxe clara aos nenos/as que é a necesidade de realizar deporte e de levar unha vida sa en canto á alimentación. 





Así hoxe a Directora de FEDYS, Margarita Borreguero, estivo acompañada en As Mercedes polo nutricionista, Manuel Portela, así como por Sandra Fernández, Responsable de Deporte e Saúde de FEDYS, e o xogador do Azkar Lugo FS, Miguel.

Manuel Portela comezou a súa exposición ante os alumnos de 5º e 6º dándolles consellos a preto da alimentación e de como deben de ser as súas comidas, que alimentos son saudables e cales non, e en que cantidades se deben de consumir. Posteriormente Sandra Fernández falou ante os alumnos da necesidade da práctica deportiva nas súas vidas, de como practicala, e que duración mínima debe ser realizada diariamente, 90 minutos.

Finalizou a charla de hoxe o xogador do Azkar, Miguel, que conxugou o exposto anteriormente por estes dous expertos ofrecendo a súa visión persoal e de como o leva el na vida real, que é a vida dun deportista de elite. O xogador explicou como é un día na súa vida, como son as súas comidas ao longo dunha xornada, como se alimenta, e como realiza o deporte, que no seu caso é unha profesión, dando consellos a todos os alumnos de como vén realizando isto dende cando el tamén era un neno.


A próxima cita deste programa “Somos activos” que desenvolve FEDYS e que en Lugo conta coa colaboración do Azkar Lugo FS será este próximo xoves ás 10:30 horas no Colexio Illa Verde. 




Jacobo Gómez
Xefe de Prensa do Azkar Lugo FS
 
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Usuarios
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Patrocinan
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
 
Colaboran
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Publicidade
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
 
Calendario
 
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Destacados
Necesita el Flash Player y activar Javascript.