direccion
Colaboran:
Novas
07/03/2010
O AZKAR LUGO B PERDE NA PISTA DO LEIS NUN PARTIDO DE ¡¡¡19 GOLES!!! (10-9)





Ver 19 goles nun partido de fútbol sala parece un tanto complicado, pero onte no Municipal de Pontevedra puidéronse ver na derrota do Azkar Lugo B ante o Leis Pontevedra por 10-9. Os lucenses realizaron 11 minutos de auténtico espectáculo, o que levou a ir gañando nese minuto 1-4, pero coincidindo coa expulsión do meta Iván nos locais, o partido acabou torcéndose por unhas cousas ou por outras e ao final os lucenses caeron derrotados. 





Os primeiros dez minutos de partido foron de clara cor lucense que aproveitaron o seu bo inicio de partido para colocarse cun cómodo e favorable 1-4 no marcador. Pero a partir dese momento, do minuto 11, todo cambiou. Iván, porteiro dos locais, era expulsado con vermella directa por unha man fora da área e o Leis ao non contar con porteiro suplente disputaría o resto do encontro, 29 minutos, con porteiro-xogador con Pablo Durán. Aí comezaron os problemas dos lucenses que vían como ao descanso chegaba coa mínima vantaxe de 4-5.

Tra-lo descanso, como na primeira metade, os goles seguiron sendo os protagonistas dun partido tolo e que o Azkar Lugo B non lograba dominar e levar ao seu terreo tendo en conta as circunstancias do seu rival. Os pontevedreses marcábanas de todas as cores co 5x4 e á recta final do choque, tras goles duns e outros, chegábase coa vantaxe dos locais de 8-6. Aí o filial do Azkar tamén arriscou por momentos adiantando a posición do seu porteiro, Illi, para facer a superioridade, e así ambos os equipos utilizaban este recurso. O festival de goles, o partido máis tolo da tempada, caeu ao lado dos pontevedreses xa que tras chegar a un minuto do final con 9-9 no marcador, Emilio para o Leis dáballe a vitoria ao seu equipo co 10-9 final. 



Iván
Pablo Durán
Barcala
Luis
Raúl Jiménez
Illi
Diego
Guerra
Jandri
Gil
 
Emilio
Pana
Alberto
Sergio
David
Antonio
Solloso
Lois
Trabada
Costoya


Goles: 0-1 min. 3 Diego, 0-2 min. 4 Gil, 1-2 min. 5 Pablo Durán, 1-3 min. 6 Trabada, 1-4 min. 11 Lois, 1-5 min. 13 Lois, 2-5 min. 14 Barcala, 3-5 min. 17 Luís, 4-5 min. 19 Barcala, 5-5 min. 23 Pablo Durán, 6-5 min. 26 Raúl Jiménez, 6-6 min. 28 Antonio, 7-6 min. 31 Raúl Jiménez, 8-6 min. 36 Emilio (dobre penalti), 8-7 min. 36 Guerra, 9-7 min. 36 Barcala, 9-8 min. 37 Antonio, 9-9 min. 38 Antonio e 10-9 min. 39 Emilio.


                                             Resultados da xornada e clasificación



Jacobo Gómez
Xefe de Prensa do Azkar Lugo FS
 
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Usuarios
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Patrocinan
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
 
Colaboran
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Publicidade
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
 
Calendario
 
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Destacados
Necesita el Flash Player y activar Javascript.