direccion
Colaboran:
Novas
06/03/2010
O AZKAR DOMINOU DURANTE 30 MINUTOS PERO TIROU O PARTIDO NOS DEZ PRIMEIROS (6-3)



Trinta minutos de absoluto dominio do Azkar Lugo, con 63 disparos a portería, non tiveron o seu premio para sacar algo positivo da pista do Marfil Santa Coloma. E é que os dez primeiros minutos do choque foron para os cataláns e aí amosáronse tremendamente efectivos pondo un claro 3-0 ao seu favor. O Azkar foi a remolque durante todo o choque pero chegou a ter opcións de empatar o partido con porteiro-xogador. Ao final a pelota amosouse caprichosa e non quixo entrar unido a grandísima actuación do porteiro dos locais Igor durante todo o encontro. O risco do 5x4 tivo o efecto contario e o Azkar acabou perdendo 6-3. 



O inicio do choque foron quizais os dez minutos peores do Azkar Lugo no que vai de tempada. Os galegos non atopaban o seu sitio na cancha e xa ao primeiro minuto perdían 1-0. Só catro máis tarde Óscar Redondo puña o 2-0 e no ecuador do primeiro acto, tras un discutido penalti, Héctor anotaba o 3-0. O Azkar reaccionaría a partir de aí pero o marcador estaba moi costa arriba. O peor do choque a lesión do capitán Mimi que ao minuto 15 recibía unha forte entrada e retiraríase lesionado no seu nocello sen poder disputar o resto da contenda. A reacción lucense chegaría a catro minutos do descanso co 3-1 de Matamoros que abría a fiestra da esperanza aos seus.

O segundo período foi de claro dominio lucense, tanto na posesión de balón como nas ocasións de cara a porta. Froito diso ao minuto 31 chegaría o gol de Beto, o 3-2, e que deixaba o partido totalmente aberto. Dunha clara ocasión para lograr o empate a tres tantos pasouse ao 4-2 do Marfil o que fixo arriscar ao Azkar Lugo con porteiro-xogador a falta de máis de catro minutos para o final. Houbo moitas ocasións para forzar a igualada pero os paus e Igor impedían o gol dos azuis. O 5-2 obra de Segura deixaba o partido totalmente sentenciado, e aínda que Matamoros conseguiría o 5-3 cando restaban algo máis de dous minutos para a conclusión, a falta de gol, que non de ocasións, foi a lousa dos galegos, que viron como as súas boas ocasións non atopaban o fondo da portería de Igor e si un disparo de Rubén a pouco máis dun minuto para o final se traducía no 6-3 definitivo. 



Igor
Rubén
Óscar Redondo
Dani Salgado
Héctor
Toni
Mimi
Miguel
Adri
Matamoros
 
Julio
A. Segura
Rafa Muñoz
Rafa
De Bail
Hugo
Beto
Juanpe


Goles: 1-0 min. 1 Héctor, 2-0 min. 5 Óscar Redondo, 3-0 min. 9 Héctor (penalti), 3-1 min. 16 Matamoros, 3-2 min. 31 Beto, 4-2 min. 36 Julio, 5-2 min. 37 A. Segura, 5-3 min. 38 Matamoros e 6-3 min. 39 Rubén.


                                                Resultados da xornada e clasificación









Bruno García: “Regalar dez minutos de partido para este equipo é un luxo que non nos podemos permitir”

O técnico do Azkar Lugo, Bruno García amosábase descontento ao finalizar o partido xa que o preparador dos lucenses admitía que “pesounos moito o mal inicio, nunha cancha complicada como esta, e ante un equipo que está en forma” á vez que sinalaba que “rematamos ata en 63 ocasións a portería, iso quere dicir das oportunidades que tivemos, pero os paus unha veces, Igor outras, que estivo a un alto nivel, e o noso desacerto, fíxonos non poder sacar nada positivo”. García amosábase especialmente insatisfeito co seu equipo polos dez primeiros minutos: “regalar os dez primeiros minutos de partido para o noso equipo é un luxo e non nolo podemos permitir xa que se queremos puntuar fóra non podemos conceder tanto” pero tamén se quedaba coa lectura positiva do partido admitindo que “reaccionamos, estivemos dentro do partido, pero cando se decidía o partido a pelota non quixo entrar”. 







Jacobo Gómez
Xefe de Prensa do Azkar Lugo FS
 
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Usuarios
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Patrocinan
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
 
Colaboran
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Publicidade
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
 
Calendario
 
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Destacados
Necesita el Flash Player y activar Javascript.