direccion
Colaboran:
Novas
04/03/2010
ROLDA DE PRENSA PREVIA AO ENCONTRO DESTE SABADO EN SANTA COLOMA




No mediodía deste xoves tiña lugar na sala de prensa do Centro Deportivo Terra a rolda de prensa previa do encontro que este sábado (18:30 horas Pavillón Jacint Verdaguer) enfrontará ao Marfil Santa Coloma e ao Azkar Lugo FS. Os lucenses seguen contando coas baixas de Renatinho e Rafa López e están pendentes de saber se poderán incluír ou non na convocatoria ao porteiro Óscar que se recupera da escordadura de nocello que lle impediu entrar na convocatoria dos derradeiros tres partidos. 





Declaracións:


De Bail:
Como se atopa: “empecei mellor, pero agora estou máis axustado no tema da defensa do equipo, e aos poucos irei mellorando individualmente”.
Marfil Santa Coloma: “é un equipo complicado porque ten moito 1x1, temos que estar pendentes diso, e nós aproveitar as contras que nos poidan conceder, e ao xogar fóra da casa temos que ser listos á hora de xogar”.
Bo momento: “esperamos seguir na liña que estamos para poder conseguir ao final estar nos playoffs”.
Con gañas de gañar: “imos pelexar sempre polos tres puntos independentemente de contra quen sexa, non sabemos se imos gañar os tres puntos pero pelexalos diso si que estou seguro”.


Bruno García:
O rival: “teñen moito potencial ofensivo, no 1x1, situacións de Dani Salgado, Óscar Redondo ou Héctor, e os números así o din porque Salgado e Héctor son unha das parellas máis goleadoras da liga. A súa cancha sempre foi difícil e vai ser un partido duro”. Claves: “temos que ser capaces de que non nos desequilibren nesas situacións, que traballemos ben nas coberturas, e aproveitar as superioridades que podamos crear nun partido que seguro que será igualado ata o final”.
Momento do equipo: “estamos nunha liña ascendente. Temos fortaleza en todos os niveis, a nivel físico, a nivel psicolóxico, e iso é importante para gañar en canchas tan difíciles como a do Marfil”.




Jacobo Gómez
Xefe de Prensa do Azkar Lugo FS
 
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Usuarios
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Patrocinan
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
 
Colaboran
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Publicidade
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
 
Calendario
 
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Destacados
Necesita el Flash Player y activar Javascript.