direccion
Colaboran:
Novas
04/02/2009
NACE O FORO “DEPORTE GALEGO EN GALEGO”


No día de onte martes no marco incomparable do Salón Nobre da Universidade de Santiago de Compostela (Colexio Fonseca) tivo lugar a presentación á sociedade do foro “Deporte Galego en Galego”. Este punto de encontro a través do cal se quere promover e potenciar o uso do galego no deporte é promovido pola Fundación Azkar e maila Universidade de Santiago de Compostela a través da súa Vicerreitoría de Cultura.

A apertura do acto fíxoa o Vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres, quen deu a benvida a todas as institucións e persoas alí presentes que representaban un amplo espectro do deporte galego. Torres indicou na súa intervención que “esta idea naceu para plasmar un sentimento latente entre as e os deportistas do noso país”. De seguido deu a palabra ao Xerente da Fundación Azkar, Óscar Hermida, que agradeceu a presencia das Institucións que apoian este acto especialmente á Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Consellería de Innovación e Industria, alí representada polo Xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo, Ignacio Eguíbar. Hermida manifestou diante dos asistentes que “a Fundación Azkar a través do club Azkar Lugo FS asumía o papel de ser símbolo do noso país a través do sinal de identidade que é a lingua galega”. Pola súa banda a Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, quixo destacar que “coa súa presenza daba o apoio total a esta iniciativa en nome da Dirección Xeral para o Deporte así como no da Fundación Deporte Galego” e así mesmo anunciou “a crecación dunha páxina web e un servizo de traducción para poñer a disposición de Federacións, clubs, deportistas, e de todo aquel que o demandase”.



Lectura do manifesto
Unha vez rematada a intervención da Directora Xeral, o Vicerreitor de Cultura deu paso a Terio Carrera, Xefe de Deportes da Radio Galega, e á ciclista Eva Castro, quenes procederon á lectura do manifesto: 



                    MANIFESTO POLO “DEPORTE GALEGO EN GALEGO”


     As persoas que aquí estamos cremos nos valores que o deporte nos ofrece,
      amamos o deporte como actividade de superación e mellora constante, de
                                        responsabilidade e de dedicación.
                  Cremos no deporte como lugar de encontro e fraternidade.

                            Iso é o que entendemos que é a nosa lingua:
    o  espazo onde melloramos e onde nos encontramos, o vínculo referencial e
   colectivo de todas as galegas e todos os galegos; a nosa maneira de estar no
 mundo e estender a todo ese mundo unha mensaxe de respecto e fraternidade.

         Hoxe abrimos este Foro do Deporte Galego en Galego, impulsado pola
       Fundación Azkar e a Universidade de Santiago de Compostela a través da
    Vicerreitoría de Cultura, co compromiso de que a nosa lingua común sexa a
                    nosa forma habitual de expresión, o galego que nos une.

      Queremos contribuír co noso esforzo no deporte, practicándoo, contándoo,
          vivíndoo, a un futuro mellor, onde gocemos o noso grande patrimonio
       vivo, onde podamos contar o esforzo e a superación, o triunfo e os novos
                                            retos, vivindo en galego.

  Desde este Foro que hoxe comeza a andar, queremos facer un chamamento a
 todas as persoas que entenden o noso idioma como parte de todas e todos nós,
        particularmente a todas e todos os deportistas, institucións, entidades e,
            en xeral, a todas as xentes do deporte, a unírense a este Foro e a
        desenvolver, na medida das súas posibilidades, accións individuais ou
  colectivas, que permitan avanzar nese  obxectivo, desde a fraternidade dunha
    Galiza cada vez mellor e nunha sociedade máis xusta e  máis humanizada,
                                                máis deportiva.




Rematada a lectura do manifesto os asistentes ao acto foron asinando un a un o libro que estará depositado na sede da Universidade de Santiago de Compostela para que todas e todos aqueles que decidan unirse a este foro aberto poidan asinar o mesmo. O acto rematou coa foto de familia de todos os asistentes e coa degustación dun viño galego.





Relación de asinantes:

Estes foron todos os asinantes do manifesto no propio acto así como os que apoiaron o manifesto pero non puideron acodir en persoa:

   
- Elías Torres: Vicerreitor de Cultura da USC.
   
- Óscar Hermida: Xerente da Fundación Azkar.
   
- Marta Souto: Directora Xeral para o Deporte.
   
- Terio Carrera: Xefe de Deportes da Radio Galega.
   
- Eva Castro: ciclista.
   
- Ignacio Eguíbar: Xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo en representación da Consellería de Innovación e Industria.
    - Ezequiel Mosquera: ciclista do Xacobeo Galicia.
    - Manuel Vázquez: Presidente do Azkar Lugo FS.
    - Alberto Fernández: Área Social da Fundación Azkar.
    - Bruno García: adestrador do Azkar Lugo FS.
   
- Pablo Prieto: Director Deportivo do Azkar Lugo FS.
   
- Carlos Blanco: presentador e actor.
   
- Jorge Mira: Profesor da USC.
   
- Manu Barral: xogador do Lobelle de Santiago.
   
- Sara Álvarez: judoca.
   
- Jesús Blanco: Director Deportivo do Xacobeo Galicia.
   
- Pilar Neira: adestradora da selección galega feminina de fútbol.
   
- Juan Carlos Modia: Xerente do Burela Pescados Rubén.
   
- Juan Manuel Marrube: xogador do Burela Pescados Rubén.
   
- Alejandra Alonso: Presidente do Porta XI Ensino.
   
- Óscar Fernández: Federación de Halterofilia.
   
- Francisco Villanueva: Presidente da Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno.
   
- Mercé Barrietos: Federación de Taekwondo.
   
- Nel Vidal: representante da Coordenadora de Traballadores de Normalización da Lingua.
   
- Xosé Luis Veiga: USC.
   
- Álvaro Sanjurjo: USC.
   
- Alexandre Cadarso: USC.
   
- Xoán Rodiño: USC.
   
- Xabier Rey: Tiro con Arco de Santiago.
   
- Juan Barja: Tiro con Arco de Santiago.
    - Xoan Casas: USC.
    - Cheché Comojo: Deportes extremos.


Apoian o manifesto pero non poideron asistir:
   
- Javier Rico: Xerente da Fundación Deporte Galego.
   
- Carlos Feijoo: Xerente da Fundación USC Deportiva.
   
- Iván Salgado: Xadrecista.
   
- Javier Gómez Noya: triatleta.
   
- Bieito Lobeira: Parlamentario do Parlamento de Galicia.
   
- Arxil de Pontevedra.
   
- Extrugasa Vilagarcía.
    - AGACO (Asociación Galega de clubs de orientación).
   
- Xoan Xosé Hidalgo: Ex-presidente da Federación Galega de xadrez.
   
- MUDEGA (mulleres deportistas galegas).



                                       
VER GALERIA DE IMAXES



Jacobo Gómez
Xefe de Prensa do Azkar Lugo FS
 
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Usuarios
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Patrocinan
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
 
Colaboran
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Publicidade
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
 
Calendario
 
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Destacados
Necesita el Flash Player y activar Javascript.